Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.
Filtrar avisos
SEGURIDADE CIDADÁ
Incidencias Policía Local
SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende as 08:00 horas do día 20/03/2023 ata as 08:00 horas do día 21/03/2023
--:-- LOCALIZACIÓNS PERMANENTES: dunha persoa.
--:-- CONTROL DE ESTACIONAMENTOS: en varias zonas da cidade.
--:-- ACCIDENTES DE TRAFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA A
SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
• ás 10:30 horas, ACCIDENTE DE TRÁFICO, na rúa Volta do Castro, consistente na
colisión de dous vehículos, con resultado de danos materiais. Cumprimentan parte amigable.
• ás 17:55 horas, ACCIDENTE DE TRÁFICO, na rúa Dr. Teixeiro, entre tres vehículos, con resultado de danos materiais. Cumprimentan parte amigable.
10:40 CONTROL DE CINTURÓN/SRI: na rúa Virxe da Cerca, procedeuse a realizar un control de trafico rodado, dando como resultado 3 denuncias.
10:45 PINTADAS: acódese na praza do Toural, por unhas pintadas na fachada dun local.
12:28 CASETA SEN AUTORIZACIÓN: na praza do Obradoiro, sácanse fotografías a unha caseta, por carecer de autorización.
20:40 PROCESIÓN: na honra a San José, no Castiñeiriño, finalizando a mesma 21:20, sen novidade.
03:00 OURIÑAR EN VÍA PÚBLICA: unha proposta de sanción.
MOBILIDADE
A veciñanza da rúa de Vedra contará con prazas de estacionamento no aparcadoiro de Pontepedriña de xeito temporal
Debido ás restricións ao tráfico e estacionamento na rúa de Vedra, o Concello habilita un espazo, durante o tempo que duren as restricións, reservado para residentes no aparcadoiro de longa duración de Pontepedriña.
A veciñanza coa condición de residente da zona 1, que abrangue a zona afectada, contará cun espazo debidamente sinalizado para o estacionamento no primeiro tramo do aparcadoiro de Pontepedriña entre as rúas Amor Ruibal e Escultor Camilo Otero.
Esta medida entrará en vigor o próximo luns día 13 de marzo.
MOBILIDADE
Desvío por corte de tráfico na zona de Conxo (a partir do martes 14 de febreiro de 2023 ás 8:30)
A partir das 8.30 h do martes 14 de febreiro abre de novo ao tráfico o sentido de circulación desde a rotonda de Conxo a Benéfica de Conxo. As liñas que circulan pola zona realizarán os desvíos previos ao corte total da rúa:
(DESVÍO EN VIGOR ACTUALMENTE QUE CONTINUARÁ A REALIZARSE):
*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).
-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Corte de tráfico na rúa das Casas Reais a partir do 6 de febreiro
A partir do vindeiro luns, 6 de febrero, e polo prazo de dúas semanas pecharase ao tráfico a rúa das Casas Reais para realización de traballos de mantemento do pavimento.
O Concello de Santiago pregalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Corte de tráfico na zona do Campo de Conxo a partir do 1 de febreiro
A partir do vindeiro mércores día 1 de febreiro, a Xunta de Galicia vai proceder coa reparación de parte do pavimento da obra que realizou no contorno do barrio de Conxo. O tramo afectado é o comprendido entre a rotonda de acceso da SC-20 e a rotonda da rúa Benéfica de Conxo, xunto a Televés.
Estes traballos conlevan que, dende esa data e durante un prazo de 2-3 semanas, o tráfico de subida cara ao centro da cidade quedará cortado á altura da mencionada rotonda de Televés, circulación que xa estaba limitada ao bus urbano e transportes autorizados.
Queda permitida a circulación de entrada dende a rotonda da SC-20 cara a rúa de Torrente e adxacentes.
Transporte urbano
Por mor deste corte, a partir do mércores 1 de febreiro ás 9.00 h, produciranse os seguintes cambios:
*Desde a rotonda de Conxo cara o Campo e a Benéfica de Conxo (Televés), os autobuses poderán circular con normalidade (liña 5 sentido Rocha e liña C2).
*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).
-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).
O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar
MOBILIDADE
Modificación na liña 4 na zona do Romaño (a partir do mércores 30 de novembro)
A partir do mércores 30 de novembro, a liña 4 do transporte urbano modificará por motivos de seguridade a súa parada terminal de liña na zona do Romaño.
En todos os servizos da liña, os autobuses realizarán o cambio de sentido en Ponte do Romaño na rotonda de confluencia có vial que accede ao polígono do Tambre, realizando deste xeito a parada situada ao carón da devandita rotonda.
A actual parada terminal da liña 4 pasará a ser a segunda parada do percorrido en sentido ao centro da cidade.
MOBILIDADE
Modificación na liña P7 (a partir do luns 21 de novembro)
A partir do luns 21 de novembro, varios servizos do autobús que cobre a ruta de Pardaces da liña P7 modificarán uns minutos a súa saída:
Luns a venres laborables:
*Pardaces - Porta do Camiño, 6:50 --- pasa a realizarse ás 6:45
*Pardaces - San Caetano, 7:30 --- pasa a realizarse ás 7:20
*San Caetano - Peregrina (circular Aradas), 7:55 --- pasa a realizarse ás 7:45
*Volta Peregrina-Aradas-Pardaces-Porta do Camiño, 8:15 --- pasa a realizarse ás 8:05
Os restantes horarios da liña se manteñen como na actualidade.
MOBILIDADE
Corte de tráfico na rúa Costa do Vedor (a partir do 21 de novembro)
A partir do vindeiro luns, 21 de novembro, a rúa Costa do Vedor quedará cortada ao tráfico por mor da realización de obras para a reparación da parte da calzada que conta con chapacuña. O tramo afectado, que se estende dende o cruce coa rúa Pablo Leis ata a Cruz de San Pedro (dos números 2 ao 14 e do 1A ao 17), estará totalmente pechado á circulación durante 12-14 días, o tempo necesario para o fraguado do material.
No resto da rúa, os residentes poderá acceder aos seus garaxes a través da rúa Quiroga Palacios, polo que para facillitar o posible cruce entre vehículos,quedará prohibido o aparcamento en superficie das dúas zonas existentes da rúa.
De igual modo, o luns día 28 de novembro, as obras de reparación do pavimento trasladaranse á rúa das Fraguas. Nesta caso, a realización dos traballos permitirá a circulación dos vehículos, pero o espazo de estacionamento estará destinado ao paso dos vehículos, polo que quedará prohibido o aparcamento.
O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Corte de tráfico na rúa dos Xasmíns
No marco do proceso da implantación do servizo de fibra óptica, pecharase ao tráfico a rúa dos Xasmíns dende o martes 15 de novembro durante 15 días.
O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Cortes de tráfico no cruce da rúa Montero Ríos coa rúa Xeneral Pardiñas (a partir do 11 de novembro)
A partir do vindeiro venres día 11 de novembro darán comezo as obras para a substitución do empedrado existente na calzada deste cruce, por unha plataforma de formigón. O cruce que conta con preferencia peonil quedará cortado totalmente á circulación ata o final deste mes de novembro.
Para a realización destes traballos son necesarios os seguintes cambios no tráfico:
Rúa Montero Ríos:
Quedará cortada á circulación dende o cruce coa rúa da Rapa da Folla. Só poderán acceder os residentes do tramo afectado e os vehículos de carga e descarga. A saída para os vehiculos será pola rúa de Alfredo Brañas. Polo tanto, durante as obras, o tramo entre esta rúa e o punto en obras será de dobre sentido.
O tramo final da rúa Montero Ríos, entre Xeneral Pardiñas e a rúa Doutor Teixeiro, tamén sufrirá restriccións, podendo acceder a él dende a praza de Galicia só os residentes e os taxis á súa zona de espera habitual, facendo a entrada e a saída dende este punto.
Rúa Xeneral Pardiñas:
Esta rúa quedará cortada ó tráfico desde o cruce coa rúa República do Salvador. So poderán acceder os vehículos dos residentes deste tramo e os de carga e descarga, realizando tanto a entrada como a saída dende o mencionado cruce.
O primeiro tramo da rúa Xeneral Pardiñas, entre a rúa de Montero Ríos e a rúa Carreira do Conde. quedará invertido o seu sentido de circulación, accedendo só os residentes e a carga e descarga dende a Carreira do Conde, polo que é necesario invertir tamén o seu sentido de circulación, realizando a entrada dende a rúa Rapa da Folla e a saída obrigatoria cara a rúa da Senra.
Transporte urbano
Durante as obras, as liñas de transporte urbano 5, 13, 15, C11 e P6 sufrirán as seguintes modificacións no seu percorrido:
Paradas suprimidas:
-673 Xeneral Pardiñas nº 35
-674 Xeneral Pardiñas nº 7
Desvíos:
*Liña 5 (traxecto Rocha – Vite), liña 15 (traxecto Campus Sur - Campus Norte) e liña P6 (traxecto Rosa - Polígono do Tambre): desde a rúa República Arxentina desviaranse pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e cambiarán de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual 409 (pza. de Galicia, sentido norte).
*Liña 13: rematará o seu percorrido na pza. de Galicia, desde onde iniciará de novo cara Belvís.
*Liña C11: desde a rúa Santiago de Guayaquil desviarase pola rúa do Hórreo e cambiará de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual 409 (pza. de Galicia, sentido norte).
O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.