Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » E-Santiago » Avisos
Compartir:

Avisos

Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.

POLICÍA LOCAL

Incidencias Policía Local

Dende as 08:00 horas do día 16/12/2014 ata as 08:00 horas do día da data.
11,00 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na Avda. Antonio Fraguas, entre dous vehículos, resultando danos materiais.
11,40 ACCIDENTE DE TRÁFICO: No viario Antonio Fraguas, entre dous vehículos, resultando danos materiais.
11,55 MANIFESTACIÓN: Con motivo da protesta fronte ao Parlamento de Galicia prodúcense cortes de tráfico en Hórreo confluencia Avda. de Lugo, finalizando a mesma sen novidade. Restablécese a circulación ás 12,30h.
12,30 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na vía Pasteur, onde un vehículo sae da vía, chocando con mediana central, resultando danos materiais no vehículo e sendo necesaria unha dotación de Bombeiros para limpeza de calzada.
12,50 BOMBEIROS: Acódese en compañía dunha dotación de bombeiros á rúa Doutor Teixeiro, a requirimento dunha veciña, co fin de medir o nivel de gases na vivenda, arroxando un resultado totalmente normal.
13,50 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na rúa Berlín, entre dous vehículos, resultando danos materiais. Cobren parte amigable.
14,10 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na Avda. Rodríguez de Viguri confluencia Camiño Francés, entre dous vehículos, resultando danos materiais. Cobren parte amigable.
--,-- CONTROL DE RADAR: No Viaduto da Rocha, sentido saída Cidade, contrólanse 782 vehículos.
16,00 ACCIDENTE DE TRÁFICO: En vía Pasteur, onde un vehículo sae da vía e choca contra a mediana, resultando danos materiais.
17,30 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na confluencia de Santiago de Chile con Frei Rosendo Salvado, entre dous vehículos, resultando do mesmos danos materiais.
18,50 ACCIDENTE DE TRÁFICO: En rúa París, consistente en atropelo a peón por parte dun vehículo, resultando ferido grave (fractura de perna) o peón de 77 anos de idade.
19,25 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Consistente en saída de vía na Avda. de Cruceiro dá Coruña dun vehículo, resultando danos materiais e unha persoa ferida grave con prognóstico reservado.
19,50 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na rúa Azabachería, entre dous vehículos, resultando danos materiais.
20,30 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na Avda. Antonio Fraguas, entre dous vehículos, resultando danos materiais.
22,35 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na Rotonda de Meixonfrío consistente en saída de vía dun vehículo, resultando danos materiais no vehículo e no céspede da rotonda.
00,10 CORTE DE TRÁFICO: Na Rotonda de Conxo sentido centro cidade, realízase corte de tráfico nos distintos accesos, con motivo das obras que se realizan na mesma.
--,-- CONTROL PREVENTIVO DE ALCOHOLEMIA: Realízase na rúa Bernardo Barreiro. 35 probas, resultando unha infracción administrativa.
--,-- INSPECCIÓN DE LOCAIS:
Contrólanse varios locais.

POLICÍA LOCAL

Incidencias Policía Local

Dende as 08:00 horas do día 15/12/2014 ata as 08:00 horas do día da data.

12,10 ACCIDENTE DE TRÁFICO: No aparcadoiro do Centro Comercial As Cancelas, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
16:15 CONTROL DE ALCOHOLEMIA: na Avenida das Burgas, realizando 40 probas ata as 16:50 horas, sen novidade.
16:45 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na rúa Touro entre dous vehículos, resultando do mesmas 3 persoas feridas leves.
18:00 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na rúa Ameixaga consistente en saída de vía dun vehículo como consecuencia de atropelar un can, chocando contra unha papeleira.
18:30 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na rotonda de Pontepedriña no que se atopan implicados dous vehículos, con resultado de danos materiais. Dilixencias.
20:30 DILIXENCIAS: Instrúense Dilixencias por rifa entre unha parella na Cociña Económica.
00:10 SEÑALIZACION POR CORTE DE TRAFICO: Procédese por parte de operarios da empresa DRAGADOS á sinalización en distintas vías que conflúen á rotonda de Conxo con motivo de inicio de obras, restablecéndose novamente ás 06:10 h.
CONTROL DE ALCOHOLEMIA E DROGAS: Dando cumprimento á campaña de control preventivo de alcoholemia e drogas promovido pola DXT, realízase control preventivo desde as 00:30 h. ata as 02:00 h. na rotonda de Bernardo Barreiro, realizándose 42 probas todas elas con resultado NEGATIVO.

POLICÍA LOCAL

Incidencias Policía Local

Dende as 08:00 horas do día 14/12/2014 ata as 08:00 horas do día da data.

10:30 MANCHA DE ACEITE: na rúa Costa do Vedor, atópase un colector de residuos urbanos do cal sae aceite, creando unha mancha sobre a beirarrúa que supón un perigo para os peóns, polo que se require a URBASER para que proceda á limpeza da vía.
14,30 ACCIDENTE DE TRÁFICO: na rúa Galeras, entre dous vehículos resultando danos materiais.
--,-- LOCALIZACIÓN PERMANENTE: Dunha persoa con resultado positivo en quenda de mañá e tarde (arresto domiciliario).
17,10 PAPELEIRA ARDENDO: En rúa Hórreo con Fonte de Santo Antonio había unha papeleira ardendo, apágase polos axentes.
20,10 ACCIDENTE DE TRÁFICO: En rúa Hórreo entre dous vehículos, resultando do mesmos danos materiais.
02,45 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: na rúa Frei Rosendo Salvado, onde un vehículo sae da vía e choca contra outros dous vehículos estacionados dándose posteriormente á fuga. No lugar hai dúas testemuñas que facilitan a placa de matrícula. Resultado de danos materiais. Instrúense dilixencias.


Filtrar avisos






Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal