Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



SEGURIDADE CIDADÁ

Incidencias Policía Local

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 08:00 horas do día 05/07/2022 ata as 08:00 horas do día 06/07/2022


--:-- LOCALIZACIÓNS PERMANENTES: de tres persoas.
14:15 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na praza de Galicia co Hórreo entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
17:46 DETENCIÓN POR BUSCA E PRESENTACIÓN: Na rúa Santiago del Estero, identifícase a unha persoa, á cal lle consta unha orde de busca e presentación do Xulgado do Penal nº2 de Santiago, polo que se procede á súa detención.
22:30 TRABALLOS NO TÚNEL DO HÓRREO: Córtase o tubo 1 en dirección Pontevedra por traballos no mesmo.
22:30 COLECTOR DE LIXO ARDENDO: Na Ponte do Romaño, atópase un colector de lixo ardendo. No lugar está unha dotación de bombeiros que extingue o lume.
--:-- FESTAS EN PISOS: acódese a un piso.
--:-- CONTROL DE LOCAIS: Contrólase un establecemento.

MOBILIDADE

Servizos de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" na Cidade da Cultura (xoves e venres dos meses de xullo e agosto)

Con motivo dos concertos que terán lugar na Cidade da Cultura, enmarcados no ciclo "Atardecer no Gaiás", os xoves e venres dos meses de xullo (días 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29) e agosto (días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26), reforzaranse os servizos de trasporte.

O acceso á Cidade da Cultura pódese realizar coa liña 9 nos horarios dispoñibles na web de Tussa. Para a volta, tras a finalización dos concertos, a saída da liña C11 ás 22:33 do C.C. As Cancelas fará prolongación á Cidade da Cultura saíndo ás 22:45, e continuando o seu percorrido habitual cara o centro.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa dos Loureiros a partir do 4 de xullo

A rúa dos Loureiros, entre a rúa do Hospitaliño e a praza das Penas, permanecerá pechada ao tráfico a partir do luns 4 de xullo e durante dúas semanas por mor das obras de implantación do Servizo de Fibra Óptica. A ocupación realizarase de forma que non se corte a rúa enteira ao mesmo tempo, senón primeiro unha metade e despois a outra.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Funcionamento do transporte urbano na rúa dos Concheiros

Por mor das deficiencias observadas no funcionamento dos colectores soterrados da rúa dos Concheiros, estes non poderán estar operativos ata que sexan subsanadas pola empresa instaladora antes da súa posta en marcha efectiva. Unha vez se resolvan e se retiren os colectores provisionais, comezará a funcionar o servizo de transporte público pola devandita rúa.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MEDIO AMBIENTE

Reforzo no servizo de recollida do lixo no casco histórico do 15 de xuño ao 15 de setembro

Como consecuencia do incremento da actividade comercial e hostaleira na tempada de verán no casco histórico, e co obxectivo de mellorar a limpeza e ornato das rúas, o Concello de Santiago reforza este servizo, establecendo unha dobre recollida do lixo dende o 15 de xuño ao 15 de setembro.

Así, os residuos deberán sacarse á rúa en bolsas pechadas e introducirse dentro dos contedores, co seguinte horario:

1.- Vivendas particulares e comercios (agás hostalería): a partir das 20:30 horas.
2.- Locais de hostalería: a partir das 02:00 horas.

O Concello de Santiago agradece a colaboración no cumprimento da norma e o do horario, sen a cal esta dobre recollida non obtería os resultados para os que foi deseñada.

Relación de rúas e prazas con dobre recollida:

San Francisco, Obradoiro, Fonseca, Praterías, Conga, Xelmírez, rúa Nova, Toural, Bautizados, Franco, Raíña, rúa do Vilar, Rodrigo de Padrón, San Clemente, Trindade, Hortas, Pombal e Carretas.

MOBILIDADE

Ampliación dos servizos de transporte urbano ao aeroporto

Desde o pasado 8 de xuño, o servizo de transporte urbano ao aeroporto incrementou en 3 as súas frecuencias diarias, dando cobertura deste xeito ás últimas chegadas de viaxeiros á terminal aeroportuaria. Así, o servizo complétase con estas novas saídas:

Saídas do Aeroporto cara a rúa do Hórreo (est. Intermodal): 23:30, 00:00 e 00:20

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Atalaia coa rúa da Algalia de Arriba

A partir do vindeiro mércores 8 de xuño, a rúa da Atalaia no seu cruzamento coa rúa da Algalia de Arriba quedará cortada ao tráfico por mor das obras de mantemento e reparación do pavimento no recinto intramuros da cidade histórica de Santiago.

A vía permanecerá cortada por un prazo de dúas semanas.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

SEGURIDADE CIDADÁ

Incidencias Policía Local

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 08:00 horas do día 16/05/2022 ata as 08:00 horas do día 17/05/2022

MOBILIDADE

Servizos especiais de transporte urbano para asistir ao partido de baloncesto no multiúsos Fontes do Sar (sábado 14 de maio)

Con motivo do partido de Monbus Obradoiro o vindeiro sábado 14 de maio ás 20:45 no multiúsos Fontes do Sar, ofrecerase un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa a partir das 19:15.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiúsos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:30, 19:45, 20:00, 20:15 e 20:30. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na praza da Inmaculada (a partir do luns 25 de abril)

O vindeiro luns 25 de abril producirase o corte da Praza da Inmaculada para a execución dos traballos de mantemento e reparación do pavimento no recinto intramuros da cidade histórica de Santiago de Compostela. A vía permanecerá cortada por un prazo de catro semanas.

O Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: