TRÁFICO

Modificación do réxime de residentes da zona da Almáciga e da zona Vite-Guadalupe

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 15 de abril de 2024, acordou aprobar a modificación do réxime de residentes da Almáciga (zona 4) e Vite-Guadalupe (zona 2).

Servizos Básicos

Cortes na subministración eléctrica

Ca fin de efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro realizaranse cortes totais o parciais, nas seguintes zonas:
-A COVA-SANTIAGO DE COMPOSTELA- (COVA); CODESEDAS (CODESEDAS, DA EIRA NOVA); CORREXINS (CORREXINS,MARCO DE COVAS, VENCELLO); XULACASA (XULACASA). .
-ANTONIO GOMEZ VILASO No 5, 7; EMILIO E DE MANUEL No 5, 7, 1000; ISIDRO PARGA PONDAL No 2; SECUNDINO LOPEZ No 5, 7; SEVERINO RIVEIRO TOME No 5, 7.
-AGRO DOS MOZOS, AVENIDA CAMILO JOSE CELA, CAMPOS, CAROLLA, CODESEIRA DE AMIO, DE AMIO, FOZAN, HORTIÑAS, MARIÑEIRA, MIRA, PICON, PONTE DE SAN LAZARO DE ABAIXO, SAN LAZARO, SEOANE.
-BERNARDO BARREIRO DE VARELA Nº 12, 14; EDUARDO PONDAL Nº 30, 32)

Os días e horas poden consultarse nos documentos

Direccións relacionadas

Mobilidade e Seguridade

Modificación de Decreto de paso e parada á zona histórica do 9 de abril de 2024

Publicase o Decreto de 9 de abril de 2024, que modifica o Decreto do 22 de febreiro de 2024, relativo a la regulación de acceso de paso e parada á Zona Histórica.

SERVIZOS COMUNITARIOS

Cortes na subministración eléctrica

Debido aos traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración, informamos que os días 16, 17, 18 e 19 de abril de 2024 procederase a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións na subministración de electricidade.

ACCIÓN SOCIAL

Requerimento de subsanación de documentación para a concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi para as persoas con dificultades de mobilidade 2024

Publícase a relación de persoas solicitantes das axudas individuais individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presenten limitacións para o uso do transporte colectivo do Concello de Santiago de Compostela que deben emendar a súa solicitude e/ou documentación para que, no prazo de 10 días naturais, acheguen os documentos preceptivos, por vía electrónica, a través da sede electrónica do Concello sede.santiagodecompostela.gal, ou no Rexistro Xeral do Concello. O prazo comezará a computar dende o día seguinte ao da publicación do devandito anuncio.

Data de publicación 9/04/2024

TRÁFICO E MOBILIDADE

Autorizacións de ocupación de vía pública para as carpas de pulpo no Banquete de Conxo e para a celebración do 5º Mercado do Libro na Praza de Aurelio Aguirre 2024

Instruccións para a tramitación das autorizacións de ocupación de vía pública para carpas de pulpo no bosque do Banquete e para a celebración do 5º Mercado do Libro na Praza de Aurelio Aguirre, co gallo das festas do Banquete de Conxo 2024.

As solicitudes para postos de polbeira poderán presentarse ata o día 13 de maio de 2024. No caso da ocupación para a celebración do 5º Mercado do Libro, a data límite de presentación será o 8 de maio de 2024.

Data de publicación: 9/04/2024

POLICÍA LOCAL

Obxectos perdidos

Dende o luns 8 de abril de 2024 ata o mércores 8 de maio de 2024 atópase exposta no Taboleiro de Anuncios do Concello de Santiago de Compostela a relación de obxectos perdidos correspondentes ao ano 2023 obrantes na Xefatura da Policía Local.

Para poder realizar consultas sobre os mesmos, as persoas interesadas, deberán dirixirse á Xefatura da Policía Local sita no Pazo de Raxoi, entrada pola rúa Trindade, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Teléfono: 981 542 441


Compartir: