Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada



Contacto

Contacto

Vostede pode dirixirse aos servizos administrativos do Concello de Santiago tramitando as súas consultas, queixas e reclamacións a través do Servizo de Atención á cidadanía. Tamén pode dirixirse directamente ao alcalde para solicitarlle audiencia, consultarlle asuntos que afecten a toda a cidade ou para dar a súa opinión ou achegarlle as súas queixas.

Para o Servizo de Atención á Cidadanía

As reclamacións, queixas, iniciativas ou suxestións non terán en ningún caso a cualificación de solicitude en demanda de ningún dereito suxeitivo, nin de recurso administrativo. Non condicionan o exercicio das restantes accións ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada procedemento, poidan exercitar os que figuren nel como interesados.

A súa presentación ou interposición non paralizará os prazos establecidos na normativa vixente, nin confire ao que a presenta a condición de interesado. (Para seren interesado no procedemento que xere unha reclamación ou queixa deberá presentala por escrito, acompañando copia do seu documento oficial de identidade, no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera dos sinalados no artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Os datos de carácter persoal que se faciliten por correo electrónico, mediante este formulario, quedarán rexistrados no ficheiro do Concello de Santiago de Compostela de usuarios de servizos web, coa finalidade de contestar ás consultas e obter datos estatísticos das mesmas. En calquera momento, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, presentándoo por escrito no Rexistro Xeral deste Concello.


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal