Presentación do concurso de balcóns

As Concellarías de Medio Ambiente e Cidade Histórica convocan o II Concurso de Balcóns da Cidade Histórica coa intención de chamar a atención sobre os beneficios socioambientais da recuperación dos balcóns como elementos vivos do casco vello, porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha contribución cidadá á mellora estética dunha rúa ou edificio, á mellora da calidade ambiental e, sobre todo, á mellora da relación veciñanza-contorna urbana a través dunha achega artística persoal nun espazo privado para goce visual da veciñanza e das persoas que visitan a cidade.
Compartir: