Tarxeta de aparcamento residentes

Descrición

É un réxime de aparcamento en espazos específicos das rúas do Concello de Santiago.

Dirixido a

Ás persoas que teñan a condición de residentes segundo o establecido na Ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo ORA e aparcamento de residentes.

Requirimentos

Os establecidos na Ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo ORA e aparcamento de residentes.

Pode descargar o impreso de solicitude no catálogo de trámites da sede do Concello

Notas para o cidadán

As tarxetas de residentes de zona verde e azul, de domicilio particular e profesional, así como as tarxetas de Municipio, recolleranse no prazo de 10 días hábiles contados dende a presentación da solicitude (agás se lle requira documentación adicional) na sede de TUSSA situada na rúa Clara Campoamor (Estación Intermodal)
Teléfono: 981 568 106.
Correto electrónico: tussa@tussa.org
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de luns a mércores de 16:30 a 20:30 horas.

Para a súa recollida é necesario presentar o documento oficial de identificación do interesado e/ou autorización correspondente do titular, en caso de actuar en representación.

O titular da tarxeta debe comunicar ao Concello, no prazo máximo de 15 día, calquera modificación dos datos tidos en conta para a concesión do distintivo e, de ser o caso, proceder a súa devolución.

Anulación do aviso de denuncia en zona ORA
Os avisos de denuncia por exceso de tempo máximo de estacionamento, por non ter ticket ou este non ser válido, poderán anularse mediante o aboamento da tarifa de anulación correspondente, sinalada no apartado "anulación de denuncia" do parquímetro.

Normativa reguladora:
Normativa xeral. Tráfico

AVISO IMPORTANTE: Os titulares de distintivos de residentes están obrigados a comunicar formalmente ao Concello de Santiago de Compostela calquera modificación dos requisitos establecidos para a concesión da tarxeta de residentes: titularidade dos vehículos, cambio do vehículo autorizado, residencia do titular da tarxeta ou calquera outra circunstancia que fora tida en conta na concesión dos referidos distintivos. Asemade, os interesados deberán estar ao corrente no pago do imposto de vehículos de tracción mecánica e non ter sancións de tráfico pendentes de pago.
De non proceder a dita comunicación, o Concello realizará de oficio as comprobacións correspondentes. A autorización poderá quedar sen efecto cando se constate calquera modificación nas condicións non comunicadas, a existencia de débedas tributarias ou de falta de pagamento de sancións.

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Horario: Atención presencial: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas.

A atención presencial no Rexistro Xeral realizarase sen cita previa e unicamente será necesario solicitar número ou quenda na máquina dispensadora de citas.
Os cidadáns poderán obter o seu número ou quenda das 09:00 ás 13:30 horas.
Cada quenda permitirá realizar un máximo de dous trámites. No caso de ter que facer máis de dous trámites, os interesados poderán obter os números que precisen.
Rexistro electrónico do Concello de Santiago en sede.santiagodecompostela.gal
Tamén pode presentar calquera documentación ou solicitude dirixida ao Concello de Santiago a traves da Red SARA

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita na rúa do Presidente Salvador Allende, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A documentación relacionada co departamento de Atención ao Contribuínte só será recollida nese departamento.

O Rexistro Xeral NON recolle a documentación que se deba de presentar na oficina de Atención ao Contribuínte.

Para axilizar a tramitación de solicitudes relativas a temas urbanísticos e tributarios prégase a súa presentación nos rexistros auxiliares específicos.

Segundo o disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:
En todo caso, estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, polo menos, os seguintes suxeitos:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica.

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

e) Os empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración.

Tramítase en

Tráfico
Enderezo: Pazo de Raxoi, baixo. Entrada pola rúa Costa do Cristo.
Tel.: 981 542321
- No caso de requerir atención presencial farase exclusivamente mediante previa cita. A cita pode solicitarse a través da páxina https://citaprevia.santiagodecompostela.gal

Documentación



Compartir: