Centro Municipal de Mediación Cidadá (CEMMCI)

Descrición

A Concellaría de Participación Cidadá a través da AGAMIX (Asociación galega de mediación e igualdade de xénero) pon en marcha o Centro Municipal de Mediación Cidadá.

¿QUE É O CEMMCI?
  • Un servizo gratuíto que ofrece á cidadanía de Santiago a posibilidade de ser parte activa na resolución dos seus conflitos coa mediación dirixida por profesionais.
  • Un espazo confidencial onde as persoas implicadas, a través do diálogo e coa axuda dunha terceira persoa imparcial e neutral que realiza a mediación, poden atopar un acordo válido e beneficioso para todas/os.
  • Unhas prestacións que axudarán a resolver a través da mediación, calquera conflito entre persoas que viven nun mesmo lugar: comunidades de veciños, alteracións da convivencia cidadá, acceso aos recursos municipais…
  • Unha aposta pola construción dunha cidade máis harmónica, nun mundo de convivencia pacífica.
    • Dirixido a

      Calquera cidadán empadroado/a ou que se atope en Santiago de Compostela.

      Notas para o cidadán

      Enderezo:
      Casa das Asociacións. Antiga estación de Cornes.
      Rúa Manuel Beiras, 3
      15706, Santiago de Compostela.
      Horario: Martes e xoves de 17 a 21h.
      Teléfono: 658490411
      Correo: agamix@iustitiaomnibus.org
      Máis información:
      Centralita Casa das Asociacións:981 542 350
      Participación Cidadá


Compartir: