Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
| Descrición | O Concello aprobou a modificación da Ordenanza de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas da Cidade histórica, para aumentar a contía das subvencións. Con esta medida, o Concello quere reforzar o proceso de recuperación da vella Compostela, iniciado hai 10 anos coa colaboración entre as administracións públicas (Concello, Consorcio, IGVS), veciños, propietarios e comerciantes. |
||||||||||||||||||||
| Dirixido a | Poden solicitar as axudas os propietarios, inquilinos ou comunidades de propietarios de vivendas e edificios situados no ámbito do Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade histórica. Exclúense as zonas cualificadas polo Plan especial como implantacións e reformas do planeamento anterior. |
||||||||||||||||||||
| Requirimentos | Tipos de axudas Subvención das obras, redacción da documentación técnica e dirección das obras, cando sexan obras menores. Limitacións das axudas O orzamento mínimo das obras é de 1.800 euros para as vivendas, e de 3.000 euros para a rehabilitación dos elementos comúns dos edificios ou vivenda unifamiliar. Os edificios deberán ter como mínimo 2/3 da súa superficie destinada a vivenda e contar cunha antigüidade superior aos 10 anos. Non se admite a rehabilitación de vivendas situadas en edificios que carezan de seguridade estrutural, de estanquidade fronte á choiva e dos servizos adecuados. As vivendas rehabilitadas deberán estar ocupadas, con carácter habitual e permanente, por un prazo mínimo de catro anos, contados a partir da concesión da subvención, e non poderán ser vendidas durante o mesmo prazo sen devolver a subvención concedida. Obras subvencionábeis Obras de mellora das condicións de habitabilidade das vivendas: distribución interior, instalacións de auga, electricidade, ventilación, iluminación natural e aireación, illamento térmico, estanquidade fronte á choiva, servizos hixiénicos, instalacións de cociña e adecuación das vivendas para uso de discapacitados. Obras de mellora dos elementos comúns dos edificios: tellados, escaleiras, portais, estruturas, fachadas, instalacións xerais, substitución de antenas individuais por antenas colectivas, instalación de ascensores, instalación de sistemas de prevención de incendios e adecuación de accesos para uso de discapacitados. |
||||||||||||||||||||
| Notas para o cidadán | Tipos de subvención para a rehabilitación de vivendas
-Cando a vivenda se destine a uso do solicitante:
-Cando o solicitante sexa propietario de vivenda arrendada con contrato anterior ao 9 de maio de 1985, o 35%. Tipos de subvención para a rehabilitación de elementos comúns dos edificios Determínanse en función dos niveis de catalogación estabelecidos polo Plan especial da Cidade histórica para cada edificio:
-Para obras de rehabilitación, restauración ou reposición de elementos de especial interese arquitectónico, o 50%. O orzamento das obras subvencionable non pode exceder dunha contía máxima que é o resultado de multiplicar o módulo unitario de rehabilitación (450 euros) -pola superficie útil da vivenda (sen computar máis de 90 m2) e por 0,6, para a rehabilitación de vivendas en edificio colectivo. -pola superficie ocupada polo edificio, polo número de plantas do edificio máis dúas e por 0,2, para a rehabilitación de elementos comúns dos edificios. -pola superficie útil da vivenda e por un coeficiente, en función do nivel de catalogación estabelecido polo Plan especial, para a rehabilitación de vivendas unifamiliares. (Para os niveis de catalogación 1, 2, 3 e 4, o valor deste coeficiente é 1,6, 1,4, 1,25 e 1,1, respectivamente, e 0,9 para os edificios non catalogados). As subvencións para rehabilitar as vivendas e as destinadas á rehabilitación dos elementos comúns dos edificios son compatíbeis. Exemplos: Vivenda en edificio colectivo Superficie útil: 80 m2. Destino: para uso do solicitante. Ingresos familiares: inferiores a 33.000 euros/ ano. Tipo de subvención: 40% Contía máxima: 8.640 Orzamento protexibel máximo: 21.600 (450x80x0,6) Edificio de 3 plantas Superficie ocupada: 120 m2. Nivel de catalogación: 4. Tipo de subvención: 33% Contía máxima: 17.820 Orzamento protexibel máximo: 54.000 (450x120x5x0,2) Vivenda unifamiliar Superficie útil: 70 m2. Destino: alugamento. Nivel de catalogación: 3. Tipo de subvención: 30% Contía máxima: 11.812 Orzamento protexibel máximo: 39.375 (450x70x1,25) Tramitación das axudas 1.Solicitude de visita dun técnico da Oficina de Rehabilitación ao inmóbel que se pretende rehabilitar. 2.Redacción da documentación técnica por parte da Oficina de Rehabilitación, cando se trate de obras menores. Para as obras de maior entidade, o particular deberá encargar o correspondente proxecto a un técnico competente. 3.Solicitude de subvención, achegando o proxecto técnico, a documentación relativa á titularidade do inmóbel, ao destino da vivenda e aos ingresos familiares do solicitante. 4.Aprobación inicial da subvención, sempre que se cumpran as condicións indicadas. 5.Execución das obras. Os solicitantes poderán contratar as obras con calquera empresa ou ben cunha empresa homologada polo Concello. Se o desexan, poderán asinar os contratos na Oficina da Cidade Histórica e de Rehabilitación, que prestará o asesoramento pertinente. 6.Aprobación definitiva da subvención, se as obras se fixeron consonte o disposto pola Ordenanza, e pagamento da súa contía, despois de finalizadas as obras. |
||||||||||||||||||||
| Solicítase en |
Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación
Enderezo: Praza de Cervantes n. 5-2º
Tel.: 981 54 24 19 |
||||||||||||||||||||
| Preséntase en | Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122 Fax: 981 543 133 Correo: Contactar co Concello Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas. Rexistros auxiliares:
Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro. |
||||||||||||||||||||
| Tramítase en | Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación
Enderezo: Praza de Cervantes n. 5-2º
Tel.: 981 54 24 19 |
||||||||||||||||||||
| Documentación |
Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.