Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Casa do Concello » Servizos municipais

Obradoiros Máis alá!

Descrición Os Obradoiros Máis alá!, programados desde o ano 2000, son unha aposta a prol da dinamización da mocidade, a partir do coñecemento e do cuestionamento dos prexuízos para chegar a provocar cambios nos hábitos lingüísticos.

Os obradoiros, que desenvolve a cooperativa Tagen Ata, achegan as metodoloxías da animación sociocultural para facer atractiva a reflexión sociolingüística. Compóñense de nove sesións divididas en tres bloques de contido que, de maneira progresiva, achegan a realidade do uso social da lingua procurando unha toma de partido positiva.

O traballo na aula complétase con saídas –ciberviaxes e visitas a empresas e institucións- que permiten aos participantes recoller materiais e puntos de vista de cara a unha exposición –aberta a toda a comunidade escolar. E, finalmente, a proposta remata cunha convivencia fóra do centro escolar, un peche lúdico co que comprobar a rendibilidade de vivir en galego.
Dirixido a
A oferta chega ao alumnando, coa colaboración dos equipos de normalización dos centros de ensino, a través dun folleto, dos materiais explicativos para o profesorado e de sesións de presentación. A partir dunha inscrición previa, compóñense grupos máis ou menos homoxéneos en cada un dos niveis para asistir os obradoiros, que teñen lugar durante o curso escolar, e nos últimos meses do curso, todos/as os/as teñen a ocasión de vivir en galego durante unha fin de semana.
Notas para o cidadán
Os Obradoiros Máis alá! queren espertar o interese ou enriquecer a sensibilidade pola nosa lingua, analizar as razóns e propor os camiños para empregala na vida cotiá.

Un dos ámbitos a que a Concellaría de Política Lingüística Lingüística está a dedicar máis esforzos é o da mocidade. As razóns son abondo coñecidas: o baixo uso do galego que se dá na poboación máis nova; as boas actitudes que, pola contra, amosan os diversos estudios; e a importancia deste sector para garantir o futuro da lingua.
Solicítase en
Lingua galega
Enderezo: Pazo de Raxoi, entrada polo baixo da Travesía de Raxoi, 1º andar
Tel.: 981 542 409
Fax: 981 542 410
Correo: Contactar co Concello

« Lingua


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal