Concello de Santiago

[http://www.santiagodecompostela.org]


Contactos do concello

Solicitude de cesión en depósito de composteiro individual

Descrición Pódese solicitar, no prazo que cada ano determine o Concello, a cesión dun composteiro individual para a realización de compostaxe de materia orgánica.
A súa concesión pode conlevar a bonificación na taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, a petición do interesado.
Documentación necesaria
Para solicitude de composteiro:
Fotocopia do documento de identidade.
Para solicitude bonificación na taxa de recollida de residuos sólidos urbanos:
Despois de ter concedido o composteiro pode solicitar a bonificación da taxa, segundo o disposto na Ordenanza fiscal núm. 3.16 de taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos. Para elo, deberá persoarse na Oficina de Atención ao Contribuínte coa seguinte documentación:
- Xustificante de ter instalado o composteiro.
- Fotocopia do recibo de pago da taxa pola subministración de auga e recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos.

Notas para o cidadán
Ordenanza fiscal municipal: Ordenanza fiscal 3.16 reguladora da taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos.
Solicítase en
Atención á cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Os días 24 e 31 de decembro ainda que son hábiles a efectos de cómputo de plazos non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.
Preséntase en Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
    Rexistros Auxiliares:
  • Centro Sociocultural do Ensanche:
    Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
    Tel.: 981 543001
  • Centro Sociocultural de Fontiñas:
    Enderezo: Rúa de Berlín, 13 baixo.
    Tel.: 981 528750

  • Horario dos rexistros auxiliares: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

    • Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.
Tramítase en
Medio ambiente
Enderezo: Rúa Galeras, 17-baixo
Tel.: 981 543 147
Fax: 981 542 368
Correo: Contactar co Concello
Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.

Solicítase


« Medio ambiente


FAQ

A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.


Axenda

  • Vive o verán 10/09/2010 11:00 A cidade acolle un amplo programa de actividades ao aire libre, grazas á terceira...
© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal
Pechar