O Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística encárgase de verificar a legalidade urbanística das actuacións de transformación material e utilización do solo e das edificacións, tanto para vivenda como para actividades. Comproba e asegura que as ditas actuacións cumpren a normativa urbanística (planeamento xeral e de desenvolvemento), de habitabilidade, seguridade contra incendios, acústica, accesibilidade, etc. Integra as unidades administrativas encargadas da tramitación dos expedientes de licenzas e comunicacións de obras e apertura de establecementos, e os de inspección e disciplina urbanística (reposición da legalidade e sanción).

Sección de tramitación de licenzas

Encárgase da tramitación e informe de licenzas (expedientes de obra maior e menor, primeira ocupación de edificios, apertura de establecementos...) e de xestionar as comunicacións previas (tamén de obras e de aperturas), que son os medios de intervención ou control previo das obras e usos do solo, edificios e instalacións para asegurar que cumpren a normativa urbanística.

Sección de inspección e disciplina urbanística

Controla a actividade urbanística na cidade co obxecto de facer cumprir a legalidade (actos de edificación ou uso de solo sen licenza ou comunicación, segundo proceda, ou sen axustarse ás condicións fixadas nelas), propoñendo as medidas, provisionais ou definitivas, precisas. Encárgase tamén de facer cumprir os deberes de conservación que a normativa impón aos propietarios de edificios e instalacións, así como das declaracións de ruína. Tamén lle corresponde asegurar o cumprimento das ordes municipais en todas estas situacións, propoñendo as medidas de execución forzada máis axeitadas e as correspondentes sancións.

Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello

Enlaces



Compartir: