Praza do Obradoiro, 1- 2º andar Tel.: 981 542 439 // Fax: 981 542 421 Contactar co Concello
A área de Urbanismo e Infraestruturas organízase administrativa e funcionalmente en catro servizos que son coordinados pola Dirección da área de Urbanismo. As funcións que se desenvolven nesta área son as seguintes:
Xestión dos instrumentos de ordenación territorial e planificación urbanística, así como a xestión dos mesmos (proxecto de equidistribución, expropiacións e xestión do patrimonio).
Tramitación de licenzas e disciplina urbanística.
Elaboración de proxectos, dirección e execución destes, especialmente no que lles afecta aos edificios municipais e ás obras de urbanización, así como o mantemento das infraestruturas públicas: alumeado, mobiliario urbano...
A área de Urbanismo está integrada polos seguintes servizos:
Servizo de Licenzas e Disciplina urbanística: encárgase da tramitación e informe de licenzas (expedientes de obra maior e menor, apertura de actividades...) e dos expedientes derivados da comisión de infraccións urbanísticas. Neste servizo inclúese a Oficina de rehabilitación municipal que realiza idénticas funcións no ámbito do casco histórico.
Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística. Expropiacións e Patrimonio: asume as tarefas relativas ao Planeamento xeral e de desenvolvemento (informe e tramitación do plan xeral, plans parciais, especiais, de sectorización, estudos de detalle e proxectos de urbanización), xestión do solo (proxectos de equidistribución, patrimonio e expropiacións) e cartografía.
Servizo de Programación e Proxección: elabora e supervisa os grandes proxectos municipais e a urbanización da totalidade dos espazos públicos dos novos ámbitos que se incorporan ao desenvolvemento urbanístico.
Servizo de Obras e Proxectos: as súas funcións vincúlanse á dirección e supervisión das obras e proxectos de iniciativa pública.