Os orzamentos xerais do Concello de Santiago de Compostela para o exercicio 2015 constitúen a expresión cifrada, conxunta e sistemática das obrigas que, como máximo, pode recoñecer a entidade e o seu organismo autónomo e os dereitos que se prevean liquidar durante o correspondente exercicio, así como das previsións de ingresos e gastos das sociedades mercantís cuxo capital social pertenza integramente ao Concello.
O orzamento xeral do Concello de Santiago para o exercicio 2015 está
integrado por:
• O Orzamento do Concello.
• O Orzamento do Organismo Autónomo dependente: Auditorio de Galicia
• Os estados de previsión de gastos e ingresos das Sociedades Mercantís cuxo capital social pertence integramente ó Concello:
INCOLSA
TUSSA
O exercicio orzamentario coincidirá co ano natural e a él imputaranse os
dereitos liquidados e as obrigas recoñecidas durante o mesmo.

Enlaces
- Aprobación definitiva do orzamento e do cadro de persoal para o exercicio 2015 (BOP do 7/01/2015).
- Orzamento do Concello para o ano 2015.
- Orzamento do Auditorio para o ano 2015.
- Orzamentos das empresas municipais para o ano 2015.
- Contas Xerais. Estados de execución e liquidacións.
- Modificacións de crédito 2014.