As eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 2019 deron como resultado un goberno do PSdeG-PSOE, con 10 concelleiros/as.

A composición actual do Goberno municipal é a seguinte:

Xosé A. Sánchez Bugallo. Alcalde. Competencias adscritas: Promoción Económica, Emprego, Mercados e Comercio. Voceiro da Xunta de Goberno Local.
alcaldia@santiagodecompostela.gal

Mercedes Rosón Ferreiro. Concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural, Políticas de Igualdade e Centros Socioculturais. Primeira tenente de alcalde.
mrosonf@santiagodecompostela.gal

Gumersindo Guinarte Cabada. Concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais, Turismo, Festas, Protección Civil e Servizo de Extinción de Incendios e Emerxencias. Delegado do Ano Santo 2021 e 2022. Secretario da Xunta de Goberno Local. Segundo tenente de alcalde.
gguinartec@santiagodecompostela.gal

María Milagros Castro Sánchez. Concelleira responsable de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente e Parques e Xardíns. Terceira tenente de alcalde.
mcastros@santiagodecompostela.gal

Gonzalo Muíños Sánchez. Concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá, Barrios, Obras e Relacións Veciñais. Cuarto tenente de alcalde.
gmuinoss@santiagodecompostela.gal

Marta Abal Rodríguez. Concelleira responsable de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local. Quinta tenente de alcalde.
mabalr@santiagodecompostela.gal

Rubén Prol Mariño. Concelleiro responsable de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas.
rprolm@santiagodecompostela.gal

María Esther Pedrosa Carrete. Concelleira responsable de Deportes e Benestar Animal.
epedrosac@santiagodecompostela.gal
Compartir: