Goretti Sanmartín Rei

Goretti Sanmartín Rei
Profesora universitaria e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa. Foi directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade. Con anterioridade, impartiu aulas no Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto Eduardo Pondal. Participa activamente dos movementos cultural, en defensa da lingua e feminista. Foi responsábel local do BNG en Santiago e vicepresidenta da Deputación da Coruña. Na actualidade, forma parte da Executiva Nacional do BNG.

Navia Rivas de Castro

Navia Rivas de Castro
Naceu no ano 1992. Graduada en Filosofía pola USC e estudante de doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia. No ámbito político, é integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova na responsabilidade de Relacións Internacionais. Foi responsábel comarcal do BNG da Montaña e membro do Consello Nacional. Foi membro dos Comités no movemento estudantil.
Compartir: