Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Casa do Concello » Concellarías » Participación Cidadá e Normalización Lingüística

Participación Cidadá e Normalización Lingüística

Casa das Asociacións. Antiga estación de Cornes. Avenida de Vilagarcía, 43
Tel.: 981 542 350 /


Guadalupe Rodríguez Silva
Concelleira delegada de Participación Cidadá. Concelleira delegada de Normalización Lingüística.
Naceu na Estrada en 1961. É licenciada en Psicoloxía Clínica e Social, é titulada en Animación sociocultural, tempo libre e intervención xuvenil. Foi técnica superior de programación e intervención sociocultural no Concello de Santiago e coordinou os centros socioculturais da zona sur de Santiago. Cofundou a asociación de mulleres progresistas de Santiago "ALBA", que preside desde 1998..


Participación Cidadá

A Concellaría de Participación Cidadá pretende garantir a todo o asociacionismo apoio, formación, medios materiais e recursos básicos a disposición dos colectivos. O obxectivo deste departamento consiste en potenciar e colaborar coas entidades, independentemente do seu obxecto de interese ou da parcela da realidade en que centren os seus esforzos.

Realízase un importante esforzo por dotar esta área de participación cidadá dos recursos económicos, infraestruturais e humanos necesarios para desenvolver unha política efectiva de potenciación para todo o asociacionismo compostelán.

Poténcianse as iniciativas xeradas polas entidades asociativas, mediante a dotación de recursos económicos que, baixo a modalidade de convenio, se brinden ao conxunto da sociedade. Quérese tamén potenciar o fondo de recursos xa creado, incrementando en variedade e cantidade os materiais existentes.

Normalización Lingüística

O Concello de Santiago creou en 1988 un departamento específico que xestiona a oferta de servizos lingüísticos como asesoramento, información, programas de intervención, campañas informativas, formación, subvencións...

Ademais de atender á resolución de problemas lingüísticos na propia administración, é un servizo aberto á cidadanía e a colectivos, entidades asociativas, empresas e centros de ensino.

Preténdese consolidar o Consello de Normalización Lingüística e convertelo en verdadeiro referente social para o debate de propostas. Quérese conseguir a plena galeguización da Administración municipal mediante a combinación de diversas actuacións.

Promover o uso do galego no sector socioeconómico a través de accións deseñadas en colaboración coas entidades que o articulan, apoiar a produción en lingua galega nos campos cultural, tecnolóxico e comunicativo, ademais de contribuír á súa difusión son outras das accións desta concellaría.

Incídese en garantir a galeguización da oferta de actividades e recursos da cidade para todos os sectores –ensino, deportes, cultura, medios de comunicación- e na creación de novos espazos de uso do noso idioma de interese para a infancia e a mocidade, potenciando os programas que xa existen e abrindo novas posibilidades con base nas redes existentes na cidade –equipas de normalización, asociacións, centros socioculturais, oferta de actividades para a mocidade, Universidade...


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Servizos

Axenda

banner

Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal