Unha forma directa e sinxela de aclarar dúbidas e acceder á información básica sobre servizos, trámites e xestións municipais.

Servizos xerais

Atención á Cidadanía

Cales son os dereitos dos cidadáns nas súas relacións co Concello?
Todos os cidadáns teñen dereito a:
a) Coñecer, en calquera momento, o estado de tramitación dos procedementos nos que teñan a condición de interesados e obter copias dos documentos contidos neles.
b) Identificar ás autoridades e ao persoal ao servizo do Concello que teñan baixo a súa responsabilidade a tramitación dos expedientes nos que resulten interesados.
c) Obter copia selada dos documentos que presenten, proporcionándoa xunto cos orixinais, así como a que estes sexan devoltos, agás cando teñan que constar no procedemento.
d) Utilizar o idioma galego nas súas relacións co Concello de Santiago de Compostela.
e) Formular alegacións e proporcionar documentos en calquera fase do procedemento no que teñan a condición de interesados, anterior ao trámite de audiencia, debendo ser tidas en conta polo órgano competente ao redactar a proposta de resolución.
f) Obter información e orientación no tocante aos requisitos xurídicos ou técnicos que a normativa vixente lle impoña ós proxectos, actuacións ou solicitudes que se propoñan realizar.
g) Acceder aos rexistros e arquivos do Concello nos termos previstos na Constitución e na lexislación vixente.
h) Ser tratados con respecto e deferencia polas autoridades e funcionarios, que lles facilitarán o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.
i) Obter copias e certificacións acreditativas dos acordos da Corporación local e dos seus antecedentes.
j) Esixir responsabilidades da Corporación Local.
k) Exercer calquera outro que lle recoñezan a Constitución e as leis.

Para dar conta destes dereitos, o Concello de Santiago de Compostela aprobou o Regulamento de Participación Cidadá, por acordo plenario do 4 de decembro de 1998 (publicado no Boletín Oficial da Provincia o 9 de xaneiro de 1999), no que se recollen os dereitos de participación de cidadáns e entidades.

Participación Cidadá

Servizos básicos, obras, parques e xardíns

Medio Ambiente

Que é o Consello Local de Medio Ambiente?
É un órgano de carácter consultivo, aprobado por acordo plenario do 25 de maio de 2000 (BOP da Coruña do 19 de setembro de 2000), que pretende ser a canle de participación social e asesoramento ao Concello de Santiago na elaboración da súa política medioambiental.

Compartir: