FESTAS

A XI Festa dos Maiores congregou a 2.500 persoas no recinto feiral de Amio

23/05/2009 Novo éxito da Festa dos Maiores na súa XI edición. Nesta ocasión foron unhas 2.500 persoas as que se reuniron no recinto feiral de Amio, superando mesmo a participación da edición de 2008.

O alcade compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e outros membros da Corporación acompañaron aos asistentes nesta celebración, convertida xa nunha tradición dentro das Festas da Ascensión. Foi momento para intercambiar impresións e para disfrutar dunha festa que comezou co desfile de cabezudos e charangas.

Despois da animación inicial, tempo para un tradicional xantar. E para rematar, verbena a cargo da orquestra Lamas. Para desprazarse ata Amio, os asistentes dispuxeron dun servizo de autobús urbano de balde dende a praza de Galicia.

Compartir: